Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |
Nome completo | Ensign Racing Team |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Walsall, Reino Unido |
Tempadas en activo | 10 (1973-1982) |
Número de pilotos | Clay Regazzoni Chris Amon Marc Surer Jacky Ickx Nelson Piquet Jan Lammers Rikky von Opel |
Debut | Gran Premio de Francia de 1973 |
Carreiras | 99 |
Campionatos de Construtores | 0(mellor posición: 10º, 1977) |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0(mellor posición: 4º, Gran Premio do Brasil de 1981) |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 1 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio Caesars Palace de 1982 |
Ensign foi un construtor británico de Fórmula 1. Participou en 133 grandes premios, cun total de 155 coches. Ensign anotou 19 puntos no campionato e non fixo ningún podio. O mellor resultado foi un cuarto lugar no Gran Premio do Brasil de 1981 de Marc Surer, quen tamén fixo a volta rápida da carreira.
O equipo Ensign foi fundado por Morris Nunn, que tamén levaba a cabo tarefas de deseño durante as dúas primeiras tempadas da existencia do equipo. Nunn máis tarde pasaría a ser un enxeñeiro xefe prominente na Champ Car serie con sede en América, gañando campionatos cos pilotos Alex Zanardi e Juan Pablo Montoya a finais de 1990.